Benvido ao antigo chuza. Esta web é de só lectura. Preme aquí para ires ao novo Chuza!
 
5votadas
pechado

Acto presentación BDS – Vigo

Planta cara ante a limpeza étnica do pobo palestino por parte de Israel. Apoia ao movemento internacional que está a facer tremer o sionismo: BDS – campaña de Boicote, Desinvestimentos e Sancións. Os activistas do BDS Galiza Sami Ashour e Lucia Barros explicarán en qué consiste este movemento e que podemos facer para frear o apartheid imposto por Israel nos Territorios Palestinos Ocupados. Sábado 30 de xaneiro ás 19:30 en Espacio Nido, Rúa Ferrería 25, baixo, 36202, Vigo.

Data: 30/01/2016
4votadas
pechado

Cámara secreta foi descoberta na gran pirámide?

Poucos días atrás, o científico descubriu que algúns bloques sons máis quente do que outros.

5votadas
pechado

X Premio de Relato Curto da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

A extensión máximo serán sete folios mecanografados a dobre espazo en DIN A4 e a unha cara, en corpo 12 de Times New Roman. Os traballos enviaranse por triplicado e en correo certificado á sede da Asociación na Casa da Concha, rúa da Conga, 1 (15704 Santiago de Compostela). Os relatos presentaranse necesariamente baixo un pseudónimo acompañando a tal fin un sobre pechado en cuxo interior se engadirá unha folla co nome e apelidos do/a autor/a, enderezo postal, número de teléfono e dirección de correo electrónico.

6votadas
pechado

Impulsan unha comunidade de maquinaria agrícola en código aberto

O museo integrado de maquinaria agrícola clásica de Trasliste (Láncara, Lugo) acolle este venres 23 de outubro o primeiro encontro do que quere ser unha comunidade de programadores de maquinaria agrícola en código aberto. A comunidade nace co nome ‘Eu amo fedellar’, que fai referencia á capacidade de moitos para amañar por si mesmos un aparello. A proposta insírese dentro do movemento Open Source. A creación da comunidade ‘Eu amo fedellar’, que se mantén aberta á participación, está impulsada pola Rede Revolta

Data: 23/10/2015
5votadas
pechado

Convocatoria Autobán 2015

Convocatoria Autobán 2015 Este verán volve Autobán, concretamente o venres 14 e o sábado 15 de agosto, coincidindo co último fin de semana do Viñetas desde o Atlántico. Poderás participar no Mercado de fanzines e autopublicacións, a actividade principal do festival, que se desenvolverá o longo do sábado 15 de agosto. Ademais, a noite anterior, a do venres 14, celebraremos o Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes do mercado que queiran dar difusión ao seu proxecto.

Do 14/08/2015 ata o 15/08/2015
7votadas
pechado

O Concello da Coruña saca a concurso o programa Merendas con Contos

O Goberno do Concello da Coruña, informa que saca a concurso o servizo Merendas con Contos, unha actividade que se desenvolverá na rede de bibliotecas municipais co obxectivo de espertar o interese dos nenos pola lectura e os libros.

5votadas
pechado

San Kanuto 2015 en Compostela

Un ano máis San Kanuto chega a Compostela cargado de reivindicacións. Coa consigna central deste ano: En Políticas de Drogas nin un Paso Atrás. Regulación XA!, reclamamos que non pode haber retrocesos no pouco que se ten avanzado neste senso como pretenden coa recén aprobada Lei Mordaza ou os continuos ataques a asociacións sen ánimo…

5votadas
pechado

En políticas de drogas… nin un paso atrás. Non á lei Mordaza!!

...entre as distintas voces é preciso que se escoite a do movemento polo cambio nas políticas de drogas que ata o momento non apareceu de forma significativa, xa que coa aprobación desta lei daríase un paso atrás no pouco que se ten avanzado neste senso.

4votadas
pechado

Homenaxe nacional ó revolucionario cubano Pedro Trigo

O vindeiro venres 28 de novembro Galiza renderá unha merecida homenaxe popular ao revolucionario galego-cubano Pedro Trigo, que nos acompañará en todos os actos. Fillo de galegos de Viveiro, participou directamente no asalto do Cuartel Moncada, onde morreu seu irmán Julio logo de ser apresado e torturado. Aos seus 86 anos teremos a oportunidade de escoitalo debullar o contexto deses anos e os pormenores dos asaltos ao Cuartel Moncada e Carlos Manuel de Céspedes e a importancia destes feitos no trunfo posterior da revolución cubana.

6votadas
pechado

Concentración en solidariedade co Curdistán / Vigo

O próximo mércores 12 de novembro Mar de Lumes convoca en Vigo unha nova concentración en solidariedade co pobo do Curdistán, co pano de fondo dos 50 días de heroica resistencia que se cumprirán na cidade de #Kobane (na Rojava, Curdistán dentro da Siria). Será ás 20h diante do Marco. Non ao imperialismo! Vivan os pobos que loitan! Viva o Curdistán libre!

6votadas
pechado

II Foro Isaac Díaz Pardo Empresa e Cultura

culturagalega.org/noticia.php?id=24657 Co lema Os alimentos como producto cultural: tradición, innovación e identidade o Museo do Pobo acolle o vindeiro 4 de outubro a segunda edición do Foro, que contará coa presenza de iniciativas como Biocoop, dedicada á produción de carne ecolóxicas con razas autóctonas, as galletas mariñeiras de Lugar Daveiga, as conservas Curricán, ou a sidra de Lagar de Ribela entre outros proxectos vencellados á alimentación.

Data: 04/10/2014
4votadas
pechado

Presentación do disco de Andrés Penabad

O músico Andrés Penabad, presenta o seu primeiro disco en solitario, Crossing - youtube.com/watch?v=b1QpDxR3Gdw -, o sábado 15 ás 20:00 h no Auditorio Municipal Cine Alovi das Pontes. Nesta presentación estarán con el no escenario os músicos Fernando Barroso, Pedro Fariñas, Xoan Carlos Rilo, Antonio Bustabad, Arancha Bouza e Ramón Dopico. | Venda de entradas: sábado 15 de marzo de 12:00 a 13:30 h e a partir das 18:30 h | Prezo: 3 €

Data: 15/03/2014
6votadas
pechado

20 de febreiro, o ensino en loita!

O estudantado galego está chamado de novo a dar resposta ás agresións que vén sufrindo nos últimos anos e, nomeadamente, desde o comezo da crise sistémica do capitalismo á que asistimos que ten como consecuencia directa unha aceleración na imposición das políticas neoliberais en todos os ámbitos da vida (tamén no ensino) e que conduce á sociedade e á mocidade a situacións de miseria, precariedade e exclusión.

Data: 20/02/2014
5votadas
pechado

8º Festival solidario ONG Lena

A ONG LENA de Narón, celebra o sábado día 21 de decembro ás 20:00, no Pazo da Cultura, a oitava edición do Festival Solidario Ong Lena. Trátase dun espectáculo que combina representacións teatrais e actuacións musicais e de danza, na que participarán solidariamente actores e actrices de primeiro orden, que crean espectáculos exclusivos para este…

Data: 21/12/2013
5votadas
pechado

"Um documentario bestial" estréia nacional o próximo 21 de Novembro na Corunha

O recente documentário de Nuno Costa analisa a questão das touradas e o tratamento que damos aos animais tanto em Portugal como a nível global.

5votadas
pechado

II Concurso de Chíos contra a violencia de xénero

Con motivo do 24 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lalín, convoca o II Concurso de chíos que ten por finalidade incrementar a concienciación e sensibilidade da sociedade ante esta gran lacra social.

Do 19/09/2013 ata o 12/11/2013
6votadas
pechado

Semana de Loita contra as Fronteiras

O Foro Galego da Inmigración organiza xunto a colectivos sociais esta semana de actividades que busca denunciar a trama de fronteiras que a política de estranxeiría española impón ás persoas migrantes, logo da indignación producida polas mortes en Lampedusa e de que se cumprira un ano da entrada en vigor do decreto que retira o dereito á saúde ás persoas migrantes en situación irregular.

Do 21/10/2013 ata o 25/10/2013
5votadas
pechado

XXXV Carreira Popular Santaia (Porto de Santa Cruz, Oleiros)

Ás 11 horas, volta un clásico das carreiras populares das Mariñas. Con saída no Porto de Santa Cruz e costas de infarto tanto para arriba como para abaixo! Inscrición --> championchipnorte.com/eventos/detalle/id/1022/www.championchipnorte.com

Data: 25/08/2013
6votadas
pechado

O rock de Los Suaves pechará a Festa da Fraga, nas Pontes

A mítica banda ourensá Los Suaves, que volveu aos escenarios coa xira de Los Mil Conciertos, fará unha parada nas Pontes para pór o punto final ás patronais, cun concerto programado para o 25 de xullo, a partir das 20.00 horas, como colofón á Festa da Fraga 2013. O grupo dos irmáns Yosi e Charly Domínguez tocará nas Pontes 33 anos logo do seu nacemento como banda e ofrecerá ao público un repertorio cheo de clásicos e temas dos máis de 20 álbums que publicaron ao longo da súa historia, tres décadas sobre os escenarios.

6votadas
pechado

Novo curso de enfoque integral de masculinidades: Estratégia do Equinócio

InteRed em Galiza convoca o curso "Estratexia do Equinoccio: Enfoque integral de masculinidades" dirigido a todos os homens interessados no avanço social da eqüidade de gênero. Será em Cospeito (comarca da Terra Chã). Inscrição até o 30 de Maio.

Do 07/06/2013 ata o 09/06/2013
7votadas
pechado

Foliada de Varacuncas 2013

A partir de 3 anos en diante! Con carpa de balde. Serandeiros de Boborás, Arandos de Rodeiro, Seranelas de Lugo, Sarabela Folk, Os conandantes de Vedra, Os gaiteiros de Balado-Toques, As piconas do Irixo, Fiadeira de Antas de Ulla, VARACUNCAS, Cé Orquestra Pantasma... E ti!

Data: 20/04/2013
5votadas
pechado

Baptismo náutico do lago das Pontes vai oferecer roteiros turísticos e comida de balde

O Concelho das Pontes está a preparar umha vasta programaçom para os assistentes ao baptismo náutico do lago, que será o próximo dia 27, com a celebraçom da Copa Estatal de Maratom de canoagem - chuza.gl/story/lago-das-pontes-estreia-desportivamente-com-prova-canoam -. Vão ser organizados roteiros para visitar o lago, a central, a zona velha, o parque e a Fraga, e ao final do percorrido haverá umha degustaçom gratuíta dos produtos típicos da vila.

Do 27/04/2013 ata o 28/04/2013
8votadas
pechado

Foro hipotecario: “Os consumidores ante os actuais problemas coa vivenda”

A Plataforma Hipotecaria de ADICAE desenvolve do 8 ao 12 de abril numerosos Foros por todo o Estado, nos que participarán importantes representantes dos principais partidos políticos. En Culleredo (A Coruña) terá lugar o 11 de abril no Pazo de Vila Melania en horario de 17:00 a 20:00 horas, coa participación de Francisco Jorquera, José Luís Méndez Romeu, Yolanda Díaz Pérez e representantes de distintas entidades e ong´s implicadas na loita contra os desafiuzamentos.

Data: 11/04/2013
4votadas
pechado

Concentración de repulsa polo asasinato por violencia machista de Elena Dumitro

Vigo, Concentración de repulsa polo asasinato por violencia machista de Elena Dumitro

Data: 02/04/2013
7votadas
pechado

Educación convocará por primeira vez probas libres para obter o título de técnico e técnico superior de FP

O prazo de inscrición estará aberto os 10 últimos días hábiles do mes de abril. Quen supere as probas poderán obter a titulación unha vez realicen o módulo de formación en centros de traballo e, no caso dos ciclos de grao superior, o de proxecto. Os requisitos de acceso serán máis flexibles para as persoas que acrediten experiencia laboral, co obxectivo de favorecer a formación ao longo da vida.

3votadas
pechado

Universidade de Londres procura voluntários para usarem cocaína

A King’s College London, importante universidade de Londres, está a recrutar voluntários para usarem cocaína como parte de um estudo científico acerca do efeito da droga sobre o organismo humano. O público-alvo: homens de 25 a 40 anos, saudáveis. O Departamento de Toxicologia Clínica da universidade não aceitará utilizadores recreativos da droga e também vetará a participação de estudantes de medicina e medicina dentária. Durante a experiência de 120 dias, os participantes não poderão cortar ou pintar o cabelo.

2votadas
pechado

Santiago acolle por terceiro ano consecutivo a maior feira de vehículo de época da Galiza

O recinto feiral de Amio acolle do 15 ao 17 de febreiro a terceira edición do Retro Auto&Moto Galicia, convertida xa nunha cita obrigada para os amantes do automóbil e da motocicleta de época. A organización agarda a asistencia dunhas 20.000 persoas, provenientes fundamentalmente de Galiza e do Norte de Portugal.

Do 15/02/2013 ata o 17/02/2013
6votadas
pechado

Aberto o prazo do concurso co que se escollerá o cartel do Arde Lucus MMXIII

O Concello de Lugo informou das datas para as persoas que estean interesadas en participar no Concurso para o cartel Arde Lucus MMXXIII. Por segundo ano consecutivo, un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que máis represente o espírito da Festa declarada de Interese Turístico e no que pode participar toda a cidadanía.

Do 29/01/2013 ata o 28/02/2013
4votadas
pechado

Sementes para um laboratório social na Galiza

Coordenadora Galega de ONGDs impulsa um laboratório social na Galiza, onde confluam pessoas e entidades de diferentes âmbitos, sobre o eixo comúm da defesa das políticas sociais (organizações de ação social, banca ética, entidades do eido educativo, etc). Dias 1 e 15 de Fevereiro de 16:30 a 20:30 na Escola Galega de Administrações Públicas (Compostela).

10votadas
pechado

II Xornada reivindicativa de limpeza da Ría do Burgo, o domingo 3 de febreiro

Participa na II Xornada reivindicativa de limpeza da ría do Burgo, que terá lugar o próximo domingo 3 de febreiro. A acción comezará sobre as 11:00 horas e o punto de encontro será no Paseo Marítimo (detrás do Xardín Botánico). Para participar só tes que enviar un correo electrónico cos teus datos á plataformadefensariaburgo@gmail.com.

Data: 03/02/2013
« anterior12345...12» seguinte

Chuza