Benvido ao antigo chuza. Esta web é de só lectura. Preme aquí para ires ao novo Chuza!
 
30votadas
pechado

50 penhas deportivistas denunciam submissão da directiva à mídia estatal

As penhas pedem guardar um minuto de silencio durante o próximo jogo em memoria de Jimmy, o seareiro assassinado

 1 comentarios en: Deportes, Futebol karma: 95
17votadas
pechado

Este Nadal non haberá partido pola oficialidade da selección galega

Este Nadal non haberá a tradicional xornada deportivo-reivindicativa pola oficialidade das seleccións galegas. Un día que tiña nun encontro de fútbol entre unha selección galega e outra convidada un dos seus momentos máis álxidos. Seareir@s Galeg@s, o colectivo que desde 2009 -ano no que Feijóo finiquitou a selección galega rexurdida en 2005- impulsa estes partidos e a xornada de actos anunciou oficialmente que este Nadal non haberá encontro.

 1 comentarios en: Deportes, Futebol karma: 98
25votadas
pechado

Xosé Manuel Pereiro_Jimmy. [opi]

Non creo que Vladimir Lenin e Nadezhda Krúpskaya repartiran os labores do fogar. De acordo con que poñerse detrás dunha pancarta de Non ao racismo non garante nada, pero sempre máis que berrar "negros no!" ou ir en banda a apalizar homosexuais polo Retiro. En todo caso, é curioso como, hai pouco tempo, xente como Jimmy era produto dunha sociedade desigual. Tipos ben máis bravos ca el eran iconas contraculturais que protagonizaban películas de Eloy de la Iglesia ou Saura.

 1 comentarios en: Deportes, Futebol karma: 77
27votadas
pechado

O jornalista espanhol De la Morena (Cadena SER) duvida da legalidade de exibir bandeiras independentistas em Riaçor

Na sequência do assassínio de Francisco José Romero Taboada, o cidadão galego e torcedor desportivista assassinado a plena luz do dia no centro de Madri, o diretor e apresentador do "El Larguero" na estação de rádio espanhola "Cadena Ser", enquadrou igualmente o assassinato de Jimmy numa presumida cita prévia entre torcidas da que a própria polícia espanhola não tem constância. O jornalista espanhol, em conversa com o presidente do Desportivo, ainda duvidou da legalidade de exibir bandeiras independentistas galegas no estádio de Riaçor.

 8 comentarios en: Deportes, Futebol karma: 102
8votadas
pechado

Jogador de críquete morre após ser atingido por bola durante jogo

O jogador australiano de críquete Phil Hughes morreu aos 25 anos de idade nesta quinta-feira, dois dias após ter sido atingido na cabeça por uma bola durante um jogo da modalidade. O médico da seleção australiana de críquete, Peter Brukner, disse que ele nunca recuperou a consciência após ter sido atingido e morreu em um hospital em Sydney. Ele foi atingido na cabeça quando tentava rebater uma bola arremessada com grande velocidade durante um campeonato no estádio de Cricket de Sydney.

32votadas
pechado

Un axente da policía local non socorreu Jimmy cando este na auga pedía auxilio

Jimmy non estaba inconsciente cando foi arroxado ao río. Puido pedir auxilio desde a auga. Ninguén foi socorrelo. Ningún dos agresores. Tampouco había blues na zona, escorrentados polos ultras atléticos. Mais tampouco acudiu a o auxiliar un policía local que si se achegou por alí e que foi increpado por transeúntes, que lle exixían que se tirase a auga para resgatar a Jimmy. Mais os reforzos chegaron e tampouco se lle prestou auxilio. A conduta dos policías municipais e nacionais podería constituír un delito de omisión do deber de socorro.

12votadas
pechado

Um deportivista muito grave trás confrontos com a torcida ultra do Atlético de Madri (Espanha)

Prognóstico muito grave. Este é o estado dum moço duns 30 anos que foi recuperado do rio Manzanares, aonde foi jogado por ultras do Atlético de Madri trás confrontos entre as torcidas do Real Clube Desportivo da Corunha ("Dépor") e da equipa madrilena, a jogar hoje no estádio Vicente Calderón. Os sanitários estão a atender e tentando reanimar o ferido que sofre uma parada cardio-respiratória e hipotérmia depois de o deitarem ao rio. A Polícia espanhola retivo um grupo dos Riazor Blues com a intenção de os mandar de volta para a Corunha.

 2 comentarios en: Deportes, Futebol karma: 110
21votadas
pechado

Seareiro clínicamente morto en encontro de fútebol en Madrid (Presuntamente. Nova en construción) [cas]

A lea empezou contra as 9 da mañá na contorna do estadio Vicente Calderón onde xoga a equipa castelá do Atlético de Madrid. Ingresou clínicamente morto segundo aseguran algunhas fontes, logo de que mallaran nel e o cimbraran no río Manzanares. > elconfidencial.com/deportes/futbol/2014-11-30/un-joven-apaleado-y-arro/ >> A tal hora, o partido está a xogarse igualmente. > twitter.com/kikonovoa/status/539017501695557632

 8 comentarios en: Deportes, Futebol karma: 98
21votadas
pechado

Deputación fornece con 60.500 € o futuro campo de golf de Baredo e con 8000 € as emerxencias sociais de Baiona

A Deputación xustifica o desembolso no entendido que as devanditas infraestrutruas, entre as que se atoparía un campo de golf, beneficiarán a oferta turística e deportiva de Baiona. Así como a "criación de postos de traballo ao tempo que servirán de acicate e revitalización do turismo e do desenvolvemento económico da comarca". En Baiona hai máis de 1.100 desempregadas/os segundo o último informe oficial, aos que se suman un número indeterminado de persoas e familias que están a recibir asitencia de diversas ONGs.

23votadas
pechado

Cinco bercianos coa selección galega [es]

Cinco xogadores da flamante equipa U18 de Bierzo Rugby foron convocados para o treinamento da selección galega da categoría que terá lugar este sábado, 22 de novembro, no campo de Monteporreiro (Pontevedra). Trátase de Álvaro Miranda, Cosme Alonso, Iván Barba, Natan Guerrero e Francisco Javier Vidal.

 10 comentarios en: Deportes, Rugbi karma: 108
19votadas
pechado

Verónica Boquete, nomeada ao prémio à Melhor Jogadora da FIFA de 2014

A galega Verónica Boquete já está entre as dez melhores do ano 2014. O 1 de dezembro, o Comité de Futebol Feminino da FIFA e a Copa Mundial Femenina da FIFA, reducirám a três as candidatas ao prémio, que será concedido a começos de 2015 na Gala da Bola de Ouro. Vero Boquete expressou a sua alegria ao conhecer a notícia: "Estou, obviamente muito, muito contente. Nom acredito. É todo um orgulho fazer parte de umha lista com outras jogadoras de grande nível."

 sen comentarios en: Deportes, Futebol karma: 103
14votadas
pechado

Presentan na UCI equipa galega de ciclismo profesional

Desde a súa desaparición -ou desde que a Xunta o deixara desaparecer-, moitas foron as voces que reclamaron apoio para unha nova formación, pero a crise económica e a ausencia de achegas económicas fixeron moi complicado o obxectivo. O 'Grupo Ciclista Gallego' vén de ser inscrito na UCI á espera de conseguir un patrocinador. Malia todos os atrancos, hai quen teima na idea. Galicia podería contar a vindeira tempada cun equipo ciclista profesional, á espera de pechar un patrocinador, unha necesidade tan evidente como complicada.

 1 comentarios en: Deportes, Outros karma: 83
30votadas
pechado

Fernando Vázquez, premio ao mellor adestrador dado polos seus compañeiros de profesión

O técnico de Castrofeito e ex seleccionador nacional galego foi distinguido co premio ao mellor técnico da Segunda División polo comité de adestradores da Federación española.

24votadas
pechado

Futbol Gaélico na TVG Galiza vs Éire (English subtitles) vídeo

Reportaxe na TVG2 sobre os partidos das Seleccións Nacionais Galegas fronte a unha selección de xogadores de clubes irlandeses.

 1 comentarios en: Deportes, Outros karma: 83
11votadas
pechado

Novo recorde mundial da Maratona

Dennis Kimetto bateu este domingo o recorde do Mundo da maratona. O queninano percorreu os 42 quilómetros da prova de Berlim em 2:02.57 horas. Kimetto é o primeiro a cumprir a distância abaixo das 2:03 horas. O atleta baixou em 26 segundos a anterior melhor marca, fixada no ano passado, também na capital alemã, pelo compatriota Wilson Kipsang. A segunda posição foi conquistada por outro queniano, Emmanuel Mutai, que terminou a 16 segundos, ou seja, também abaixo do anterior recorde do Mundo.