Benvido ao antigo chuza. Esta web é de só lectura. Preme aquí para ires ao novo Chuza!
 
12votadas
pechado

Bloque xa non existe / Camilo Friol

O BNG, como fronte de partidos xurdida da Asemblea de Riazor en 1982, non existe de facto desde o momento en que só quedou un dos partidos que o compoñían e as políticas que se aplican son tamén de partido único. Así pois, que agardar da Asemblea do Palexco do 28 de febreiro?

16votadas
pechado

Rajoy, "Persoa non grata" en Pontevedra pola concesión de 60 anos a Ence

O pleno pontevedrés aproba nunha tensa sesión a reprobación do presidente do Goberno, promovida por PSOE e Marea, co apoio do BNG e o rexeitamento do PP e Cidadáns. Rajoy xa é "persoa non grata" na que sempre considerou a súa cidade.

15votadas
pechado

O segundo maior contrato da lexislatura acaba nunha folga de transporte do lixo a Sogama

Sogama decidiu excluír tamén a esta última UTE, a da empresa que viña prestando o servizo, Ferrovial-Pellejero, por considerar a súa oferta económica, a máis baixa de todas, “anormal ou desproporcionada. Copasa-Renfe gañou o concurso de Sogama grazas en parte á anulación por “anormal ou desproporcionada” da oferta económica máis baixa que realizara Ferrovial-Pellejero. Pero ao tempo Copasa é quen lidera a UTE que acomete a Autovía da Costa da Morte, á que a Xunta permitiu a finais de 2014 executar só a metade da obra pola súa incapacidade.

16votadas
pechado

A organización Causa Galiza, suspendida durante un ano por enaltecemento terrorista

O xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco decretou hoxe a suspensión de actividades por un ano de Causa Galiza, ao considerala o "brazo político" de Resistencia Galega e polo seu apoio "explícito" á actividade terrorista en Galicia e aos detidos por terrorismo. O xuíz di que realiza de “maneira sistemática actividades nas que se enaltece, xustifica e promociona o terrorismo". Independentistas cualifican de "disparatados" os argumentos esgrimidos e denuncian tamén a "condena" do "activismo dos procesados".

23votadas
pechado

Quatro moços identificados pela policía no entroido de Ourense por "enaltecimiento del terrorismo"

O pasado 8 de febreiro, catro mozos foron identificados por axentes do CNP no decurso das celebracións do entroido na Praza Maior de Ourense. O primeiro en ser identificado foi un mozo que ía disfarzado de marionetista e exhibía un cartaz co lema “Gora Alka-ETA”. Os tres restantes limitáronse a interesarse polas razóns da identificación do amigo. Serían as 2:30 da madrugada cando 7/8 axentes policiais dirixíronse ao mozo que exhibia o cartaz para o interpelar. Nun primeiro momento o xoven pensou que se trataba dunha brincadeira de carnaval,...

22votadas
pechado

O Supremo confirma 6 anos de prisión para Marcial Dorado por branquear capitais do narcotráfico imaxe

O Tribunal Supremo acaba de confirmar a pena imposta no seu día pola Audiencia Nacional ao narcotraficante Marcial Dorado por branquear capitais provenientes do tráfego de estupefacientes. Son 6 anos de prisión. Marcial Dorado é un nome indisolubelmente ligado á biografía política de Alberto Núñez Feijóo desde a publicación en marzo de 2013 dunha información por parte de El País en que se daba a coñecer a relación de amizade que mantiveron a mediados dos anos 90. Na época en que eran amigos e partillaban viaxes en iates, Marcial Dorado xa fora

17votadas
pechado

A 4ª família mais rica de Portugal, dona de ENCE, consegue isençons fiscais do PP

Num jogo de estratégia habitual por parte das multinacionais, o grupo que sustenta o projeto empresarial de pasta de papel em Ponte Vedra e em Návia (concelho galegófono administrativamente asturiano) aplicou idêntica estratégia nos dous casos: Ameaçar as administraçons e a opiniom pública com abandonar esses territórios se nom havia descontos para a sua atividade espoliadora-exploradora. A reduçom de impostos atinge 60% nas taxas de utilizaçom do porto de Ribadeu pola pasteira de Návia (do mesmo grupo que a de Ponte Vedra)...

23votadas
pechado

Prestige: Justiça espanhola condena o capitám e exculpa o político

Tribunal supremo espanhol absolve o único político acusado, José Luis López Sors, ex Diretor Geral da Marinha Mercante que ordenou (por imperativo de Álvarez-Cascos e em contra de informes técnicos) o afastamento do petroleiro em 2002; e condena o capitám do Prestige, o grego Apostolos Mangouras, a dous anos de prisom por "delito meio ambiental". Abre a via para a reclamaçom de indenizaçons fronte a asseguradora e o próprio capitám. [texto em espanhol]

22votadas
pechado

Ciudadanos, em contra do uso do galego no Parlamento espanhol

A formação política espanhola 'Ciudadanos' rejeita que as "línguas cooficiais" espanholas possam ser empregadas nas sessões do Parlamento espanhol. "Não é a nosso intuito pedir 'pinganillos' para todos os deputados", manifestou Albert Rivera, presidente do partido. 'Ciudadanos' opõe-se assim a que os parlamentares possam se exprimir durante as sessões em galego, catalão ou basco. "Penso que temos que usar as línguas oficiais como instrumento de comunicação e não como reivindicação identitária", acrescentou Rivera.

26votadas
pechado

Uma manifestaçom contra a ilegalizaçom de Causa Galiza percorrerá Compostela o domingo

AN ilegaliza CG e detem 9 militantes o 30 de Outubro de 2015 na operación jaro. Para denunciar estes fatos e exigir o respeito de direitos civis e políticos, mais de 30 entidades galegas apoiam uma manifestaçom o 24 de Janeiro a partir das 12 horas desde a Alameda de Compostela co lema "Polos dereitos civís e políticos para todas e todos. Non á ilegalización de organizacións políticas".

Data: 24/01/2016
19votadas
pechado

Mais 300.000 euros da Xunta de Feijoo para a imprensa de gabinete

O DOG publica hoje os convénios de colaboração da conselharía de Educação e Cultura da Xunta correspondentes aos quatro últimos meses de 2015. Entre as subvenções com fundos públicos destacam mais de 300.000€ para a imprensa, dos que case a metade vão para o grupo LaVoz. Para mais das entregas direitas da secretaría do presidente, todas as conselharías do governo vão pingando ao longo do ano dinheiro para estes jornais de doutrinamento. Ligada: chuza.org/story/lotaria-do-natal-chega-prensa-movimiento

15votadas
pechado

Vence deixará a portavocía do BNG na asemblea de febreiro

O actual portavoz nacional aposta por unha dirección nova e que se abran conversas con outras forzas para unha gran alianza electoral de cara ás autonómicas. Unha postura que choca directamente coa da UPG, favorable a ir en solitario. Segundo Vence: "as solucións que xa se comprobaron reiteradamente que non funcionan é moi probábel que tampouco funcionen no futuro". O próximo portavóz do BNG posiblemente pertenza á UPG ou estea ideoloxicamente moi próximo a ela.

18votadas
pechado

Tribunal Supremo espanhol anula condena de 7 anos de carcel a Carlos Calvo

O Tribunal Supremo vén de absolver Carlos Calvo Varela do delito de "tenza de explosivos" e de revogar a condena de 7 anos que lle impuxera a Audiencia Nacional española o 15 de abril de 2015. Segundo recolle a sentenza o preso independentista "xa fora condenado polos mesmos feitos en decembro de 2014" e lembra que "dous actos", neste senso atribúeselle "tenza de explosivos", que fican "temporalmente diferencados constitúen un só delito se entre un e outro a persoa non foi detida ou imputada".

12votadas
pechado

Open source democracy

Há uns anos procurava alguém que estivera pensando na relação entre o software de código aberto (Open Source) e a democracia, e encontrei o livro de Douglas Ruskoff chamado Open Source democracy: How online communication is changing offline politics (Democracia de código aberto: Como a comunicação online está mudando a política offline). O título é um bom resumo de como a política online começa a substituir a offline.

22votadas
pechado

A lotaría do natal chega a "la prensa del movimiento"

Como todos os anos os prémios da Xunta de Galicia presidida por Nuñez Feijoo chegam para a imprensa de doutrinamento e manipulação. Veja aqui a listagem de afortunados. Estes prémios não são incompatíveis com os dinheiros que, ao longo do ano, a Xunta vai dispensando com alegria para pagar diferentes campanhas publicitárias institucionais

Chuza